Unha vez máis foron os sete habituais os artífices desta nova victoria. Cun 3-0 a favor transcorridos escasos 10 minutos, o partido quedaba prácticamente sentenciado para os intereses Dcmistas. O rival acurtaría distancias co 3-1, pero na seguinte acción os nósos facían o 4-1 e voltaban a impor unha vantaxe máis que considerable.
Tralo descanso, chegarían dous goles máis dos nósos (un de moi bela factura tras combinación de todo o equipo e asistencia final de Emi cara Pani xa en liña de gol) e o recital do Sr.Pousa, que amosou un incrible cartón amarelo a Emi por devolver o esférico ó rival no lanzamento dun dobre penalti. Para explicarlles a acción extraemos parte do escrito que o DCM ten previsto presentar ó Comité de Competición, xa que lle parece unha tomadura de pelo o cartón amosado polo colexiado:
- - Nunha acción do encontro, o Deportes Carlos Miguel recupera o balón no seu propio campo e sae en contraataque. Ó percatarse de que un xogador rival queda tendido no chan mancado, o nóso equipo disponse a tirar o balón fóra para que o xogador sexa atendido, pero antes de poder lanzar o balón a saque de banda, o rival comete falta sobre un dos nosos xogadores; falta que é sinalada polo colexiado e como era a sexta, deberá lanzarse dende o punto de dobre penalti.
- Nun xesto de deportividade, o Deportes Carlos Miguel decide devolver o esférico nese dobre penalti, xa que a xogada ocorreu cun rival tirado no chan. Por iso, o xogador Lic. ----, en lugar de lanzar con intención de facer gol, pasa o balón ó porteiro rival.
- Nese instante, o colexiado procede a amonestar ó noso xogador con tarxeta amarela; segundo a versión do propio colexiado pola aplicación do seguinte artigo do Regulamento da Federación Galega de Fútbol Sala: 13
- FALTAS ACUMULATIVAS 13.3. Procedimiento (para la sexta y siguientes faltas acumuladas)
• El ejecutor del tiro libre deberá lanzarlo con la intención de marcar un gol y no podrá pasar el balón a otro compañero.
13.4. Infracciones/sanciones Si un jugador del equipo que ejecuta el saque infringe esta Regla de Juego:
• Si no se marca un gol, los árbitros detendrán el juego y lo reanudarán con un tiro libre indirecto a favor del equipo defensor, que se ejecutará desde el lugar en donde se cometió la infracción.
O equipo recoñece que o tiro libre indirecto a favor dos rivais está ben sinalado en aplicación do regulamento, xa que o noso xogador non tirou con intención de marcar gol como indica a regla, pero reclamará que o regulamento nada establece de que deba sancionarse dita acción con cartón amarelo e por suposto, apelará ó “SENTIDO COMÚN” que debe aplicarse para non sancionar a un equipo por unha mostra de deportividade. O peor de todo foi que os primeiros en recriminar a acción ó colexiado foron os propios rivais, ó entender que non era xusto amonestar a un xogador por ser deportivo, e eles foron os máis perxudicados ó recibir unha ristra de amonestacións.
Non paga a pena falar máis do tema.
O equipo venceu, os goleadores foron Emi e Pani por partida dobre e Yago e Pali nunha ocasión. Debemos pensar xa nas 6 finais que quedan por diante. BarLobisHome, CafZeus, DobleDeCordero, FrutasNieves, Lecer e NK.
Sería un grave erro relaxarse agora, pensar que a cousa está feita e que nos podemos permitir algunha derrota. Hai que saír con todo en cada encontro e tomarse cada un deles como unha auténtica final. E aprender do que lles está pasar ó resto e saber que de igual maneira, esas derrotas poden sucedernos a nós se non damos o mellor nivel cada partido.
Imos equipo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario