Tralo parón ligueiro, o DCM recupera a segunda posición da táboa nunha tarde de domingo onde todo saíu perfecto para os intereses Dcmistas. As 19:55 horas, FrutasNieves marcaba o 3-4 e remontaba un encontro que Wapichi semellaba ter máis que controlado, e as 20:25 o DCM xa gañaba 0-4 deixando claro que non ía a deixar escapar a oportunidade de recuperar os postos de ascenso directo.
Nova xornada sinalada como moi perigosa no calendario dcmista, e nova xornada na que os nósos sorpréndese a sí mesmos polo nivel que están acadando nesta segunda volta da competición. O mellor DCM da historia continúa vencendo partidos e ten na súa man unha inmellorable ocasión para alcanzar as cotas máis altas da competición. E é que xa non son só os números clasificatorios, senón as sensacións que amosa esta “versión mellorada” do equipo, o DCM versión 5.0, baseada en:
- A solidez defensiva baseada nun seguro gardamallas (que volve amosar o seu mellor nivel), nunha defensa cun incrible saber estar e fantástica colocación (que alcanza a súa mellor versión co sistema de trocos Quique-Vare-Pali), e un traballo encomiable con tremendo desgaste dos actuais tres homes ofensivos do equipo (Emi-Pani-Yago), convirten ó equipo nun dos máis sólidos da competición.
- O altísimo ritmo de xogo imposto polo equipo dende o primeiro ó último minuto (algo que non se conseguía outras tempadas) que noquea ós rivais e que engancha a tódolos xogadores ó partido, incrementando en gran medida o seu nivel competitivo e a súa concentración durante os 50 minutos.
- Un ataque demoledor. Cun Yago tocado por unha variña máxica que fai que en moitos dos últimos encontros convirta en gol todo o que toca, pero sobretodo cun ataque baseado nese alto ritmo que fai que as ocasións cheguen unha e outra vez en cada encontro. A iso úneselle un bo saco de goles en xogadas de estratexia.
- A porción necesaria do factor “sorte”. Que fai que o equipo non acumule lesións ni sancións nas últimas datas e que acompaña nos minutos chaves dos encontros.
Así fraguouse onte unha nova vitoria dcmista. Por 1-10, devolvendo desta maneira a goleada que o Bar.Cocedero infrinxira ós nosos na primeira volta por 3-10. Os nósos tiñan a lección aprendida e coas armas antes citadas superaron con claridade ó rival. 0-4 ó descanso con goles de Quique e 3 de Yago e 1-10 ó final con outro de Quique, segundo hattrick da tarde para Yago e un para Pali e outro para Vare.
Agora toca frea-la euforia. E é que un mínimo de relaxación, de sensación de superioridade ou de conformismo que leve a baixar un ápice o nivel e as cousas pódense torcer en calquer momento. Ademáis o equipo, afeito xa a mecánica dos sete habituais, deberá saber conseguir un nivel similar de intensidade e rendemento cando a convocatoria sexa máis numerosa.
Quedan 7 finais. BarKubi, BarLobisHome, CafZeus, DobleDeCordero, FrutasNieves, Lecer e NK. 7 encontros nos que para gañar hai que dar o nivel destas dúas últimas xornadas, xa que senón chegan os sustos. Sirva de exemplo o que lle ocorreu onte a Wapichi, e as vitorias sufridas e axustadas do ParquetsEloy ante o colista ou do CafZeus ante BarKubi (vindeiro rival Dmista).
Non hai rival sinxelo, non baixemos a garda, máxima concentración rapaces! Un cordial saúdo e ata a previa!
lunes, 4 de abril de 2011
“Cando todo marcha sobre rodas” BarCocedero 1-10 DCM
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario