Coa cena de
fin de tempada e as eleccións á presidencia celebradas no día de onte, o clube
puso o peche definitivo a campaña 2011-12.
O primeiro
ano do DCM na máxima categoría do fútbol afeccionado vigués chegou ó seu fin. O
equipo viviu un sono iniciado moitas tempadas atrás cando recén chegados á
VigoEnXogo, na 3ª división, percibíase a máxima categoría como algo inalcanzable,
pero co traballo e esforzo destes anos, o DCM chegou á 1ª división.
Foi un ano
de moitas dificultades, non tanto clasificatorias como sí estructurais. Por
fortuna, no aspecto clasificatorio, o equipo sacou resultados importantes en
momentos clave, para non sufrir demasiado durante a liga. E é que os esforzos e
o traballo que realmente tivo que realizar o equipo, estiveron centrados en
conseguir facer xornada tras xornada unha convocatoria competitiva. Tempadas
atrás, con tódolos membros do equipo inmersos en estudos na cidade olívica,
poder acudir ós encontros cada fin de semana, era moi sinxelo para todos eles.
Pero esta tempada, houbo moitos contratempos, que o clube foi solucionando de
manera óptima, pero que non houbese sido quen de superar sen o compromiso de
todos os membros deste plantel.
É difícil
encontrar equipos na liga que aguanten tantas tempadas consecutivas, e que o
fagan cunha gran parte dos seus membros fundadores. Este ano, o DCM
conseguíuno, superou un novo reto, cicáis o máis difícil ata o momento, e agora
toca xa centrarse en traballar para superar o da tempada que vén.
Jorge,
Vare, Xmon, Chape, David, Pablo, Pani, Emi, Quique e Yago, en nome de todos e
cada un dos vosos compañeiros (que de seguro comparten isto), recibide persoalmente
as GRAZAS polos esforzos realizados para estar, cada un na súa medida e sempre
que as circunstancias o permitiron, nos pavillóns, con gañas de xogar, de
competir e de pasar un bo rato.
Sabemos que
todos eses pequenos esforzos merecen moito a pena, para conseguir manter a
flote este equipo e poder seguir desfrutando do mesmo, xornada a xornada, pero
a pesares de que compensa, non está de máis recoñecer, que as veces todo isto
implica pequenos sacrificios.
Neste
senso, mención especial para as dúas novas incorporacións á familia Dcmista,
Pablo e David, quenes chegaron por mera necesidade do equipo, pero que xa se
gañaron o aprecio de todos os dcmistas, e son xa, peza fundamental do equipo.
Ademáis, o seu rendemento superou en moito as espectativas. Pablo acaba a
tempada como máximo goleador do equipo e sendo un dos xogadores con máis
minutos nas súas costas. E David, fichado a metade de tempada, e sen apenas
tempo para adaptarse ó equipo, soubo cumplir á perfección co seu traballo na
defensa e incluso tivo que xogar en posicións máis adiantadas cando o equipo o
necesitou.
Pero
ademáis de superar eses contratempos, o equipo conseguíu un obxectivo moi
valioso; a permanencia na categoría. E non só iso, o logrou sendo o equipo máis
deportivo da división e o máis deportivo de tódalas divisións de fútbol sala
(resultando en definitiva un dos equipos máis laureados na entrega de trofeos).
Sacou puntos contra todos os equipos agás tres, o que mostra que os nósos teñen
nivel para competir na división. E ademáis, o fixo, nun ano de ir e vir de
xogadores, o que dificultou que o equipo puidese adoptar unha única idea de
xogo ó longo da tempada e poder traballar nela. De feito, tivemos xornadas dun
DCM en fase de adaptación á categoría; despois xornadas dun DCM con baixas moi
importantes (Jorge mancado pola brecha no mentón e Emi no estranxeiro) que as
superou estando ben metidiño atrás en busca de puntos fundamentais; chegaron
entón partidos de voltar a xogar sen o freo de man posto; posteriormente unha
xeira de partidos onde o equipo deixou todo no campo e cunha entrega encomiable
gañou partidos impensables que trouxeron consigo a salvación (Quique entregouse
de cheo nos seus últimos partidos co equipo antes de partir cara terras
austríacas, e David recolleu o seu testigo); e nestas últimas datas, un DCM
relaxado e sen obrigacións tácticas que deixouse levar.
Isto, nos
permite pensar, que se a tempada que vén, o clube logra maior estabilidade e
pode traballar nunha mesma idea de xogo, cicáis poida optar a cotas máis altas
na competición.
Así que
agora a descansar unhas semanas, e despois a pensar xa na tempada que vén. De
novo, agárdase un verán con algunhas incógnitas, e probablemente ata as últimas
semanas de agosto non poidamos confirmar o plantel da vindeira tempada. O que
xa é seguro é que Quique, que despedíuse onte dos seus compañeiros, non estará
no plantel que inicie a tempada en outubro, e que Yago podería trasladarse
preto da cidade olívica, convertíndose na "primeira fichaxe" da
tempada (a súa representante xa comunicou que ata o mes de agosto non poderán
confirmar a súa situación). Salvo sorpresa de última hora, o bloque de
xogadores con máis partidos desputados neste tramo final de tempada; Jorge,
Vare, David, Emi, Pani e Pablo, seguirán un ano máis no equipo, ó igual que
Xmon, que deberá confirmar co clube se a súa previsión de disponibilidade para
a tempada que ven é total. Así pois, agárdase que os representantes de Quique,
Yago e Chape, poidan reunirse co novo presidente electo, o Sr.Rodríguez,
elixido onte mesmo nunhas eleccións cun empate inédito na rolda final (co
Sr.Antxonio) que obrigou a sacar os estatutos do clube e decidir por primeira
vez ó máximo mandatario do clube co voto de calidade do presidente saínte
(neste caso o Sr.Sotelo, que se decantou pola experiencia dun home con moitos
mandatos as súas costas), para falar da súa continuidade e de se a súa
disponibilidade será total, nos casos de Chape e Yago, e no caso de Quique, da
súa posible reincorporación no mes de xaneiro. De todos xeitos, a dirección
deportiva xa manexa algún nome (mantendo o perfil de ex-xogador da copa/liga
loiola), por se as circunstancias levan a algún membro do equipo a non poder
seguir no plantel.
Noraboa pola
tempada rapaces.
Agradecementos
especiais á nosa afección, fotógraf@s e demáis familia Dcmista. (grazas
especialmente a Ale, Lúa, Carola e Sheila por estar tantas veces presentes nas
bancadas e a Lara polo seu seguimento dende a distancia)
Algúns
datos da tempada:
- 10º clasificado con 40 puntos; 12 vitorias, 4 empates e 14 derrotas
- 104 goles a favor, 113 goles en contra.
- Goles: Davo 2, Chape 3, Yago 5, Vare 9, Pani 10, Quique 17, Emi 28, Pablo 28
- Jorge mantivo a súa porta a 0 en tres xornadas (dúas ante o Xestas 1-0, 0-2 e outra ante Cahersa 4-0). Os nósos non viron porta en un só partido (ante Matamá 5-0)
- 4 amarelas (2 Quique e 2 Pablo)
- Mellor xeira: 4 vitorias consecutivas
- Peor xeira: 3 derrotas consecutivas (en dúas ocasións)
- Pablo e Vare desputaron todos os encontros da tempada.
- Maior goleada acadada: Navia 1-6 DCM e Wapichi 2-7 DCM
- Maior goleada encaixada: DCM 2-7 Hannover, Hannover 8-3 DCM e Matamá 5-0 DCM
- Permanencia matemática acadada a 4 xornadas para a conclusión.