Onte era o día indicado para saber a dispoñibilidade dos xogadores do DCM a seguir un ano máis como membros deste club. Trala marcha de Pali, era necesario deixar ben en claro quen seguiría no equipo para abordar a posibilidade de realizar algunhas fichaxes. Ademais na reunión tratáronse diversos temas encamiñados a mellorar algúns aspectos de cara a vindeira temporada.
Finalmente, o club confirmou que 8 xogadores continuarán na disciplina DCM'ista. Estes son Jorge, Vare, Pani, Emi e Quique, estes en principio con total dispoñibilidade salvo que xurdan cousas durante a temporada, Xmon, tamén cunha alta disponibilidade (maior en principio que a do ano pasado) xa que vense a vivir a cidade olívica, Chapela (que asistirá ós partidos ós que as súas costas lle permitan) e Yago quen acudirá a unha media de un partido por mes, debido ó seu traslado a Catalunya por mor dos seus estudos.
Con esta situación era a hora de abordar a posibilidade de facer unha ou dúas fichaxes. Finalmente optouse por, en principio, tan solo facer fronte a unha, necesaria para cubrir a baixa de Pali. Para cubrir as ausencias de Yago o club cre que en principio será suficiente cunha maior presenza de Chap e Xmon nos partidos, que parece que este ano será máis posible que durante o ano anterior. Porén o club xa ten estudiada a posibilidade de que unha fichaxe non sexa suficiente e polo tanto ten xa posibles candidatos para facer unha segunda fichaxe ben no mercado de verano ou ben no de inverno.
En canto a nova cara do DCM, o club nas mans do seu novo presidente, o señor Quique, está a facer as oportunas xestións para poder pechala canto antes e que poida acoplarse as ideas de xogo do equipo e ós seus compañeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario