lunes, 22 de agosto de 2011

Botou a rodar o DCM 2011-2012

Tras dous meses de inactividade deportiva, o DCM regresou ós terreos de xogo cun primeiro adestramento e coa presentación da nova fichaxe.

O xoves o equipo enfrontouse no pavillón de Valadares ó Galecoi, encontro que servíu como primeira toma de contacto da nova fichaxe, Pablo Santos, co resto do plantel. Ademáis, cada xogador individualmente puido palpar in situ o seu estado físico particular. En ambos temas as sensacións foron boas. E é que Pablo S. deixou un aperitivo das súas facultades; velocidade, desmarque e longo percorrido (sen dúbida será un dos xogadores que máis kilómetros deba facer por partido) e pola outra banda, o resto do plantel respostou bastante ben físicamente a este primeiro encontro, non referíndonos ó ritmo (que todavía é baixo) senón a que todos puideron xogar sen importantes molestias físicas pasadas.

O equipo mostrouse moi resolutivo en ataque e amosou capacidade para realizar un xogo de alta velocidade, moi apropiado para contragolpear, pero pola contra amosou certas lagunas en defensa (precipitación nos intentos de roubar o esférico en detrimento de aguantar e recular), en colocación (numerosas perdas de posición) e abuso dos ataques directos (que aínda que sexan prioritarios deben combinarse con algún de longa posesión).

A directiva traballa xa en pechar un novo amistoso, que a falta de confirmación oficial, prevese para o mércores ás 21:00h.

Por outra banda, informar tamén que o clube comunicou xa que o plantel está pechado con estes 9 xogadores, alomenos ata o mercado de inverno.

Nas próximas datas agárdase que a directiva aborde o tema do patrocinio e dos adestramentos durante a tempada.



PD: Publícanse a continuación unhas instantáneas da entrega de trofeos da campaña pasada, cortesía da Agrupación Deportiva e que podedes atopar na súa páxina web.




lunes, 15 de agosto de 2011

Pechada a contratación de Pablo Santos

A directiva Dcmista anunciou a fichaxe de Pablo Santos, quen se desvincula do Rápido de Bouzas "B" para afrontar o reto de manter ó DCM na elite do fútbol afeccionado vigués.


Trala marcha de Pali e a do pichichi do equipo Yago (que desputará como máximo un encontro cada mes), o clube necesitaba a todas luces un reforzo de nivel para poder competir cos mellores clubes da VigoEnXogo.


O novo presidente tirou de billeteira e contactos e conseguíu traer ó plantel dcmista un xogador cunha carta de presentación que non deixa dúbidas de que terá nivel máis que suficiente para estar á altura da categoría; e é que "Santos" é un xogador que procede dun clube contrastado como é o Rápido de Bouzas "B" e chega de xogar na 1ª autonómica, unha división que esixe un nivel futbolístico superior ó nivel do fútbol afeccionado vigués.


As gañas do xogador de unirse a este proxecto foron as que fixeron posible esta fichaxe, e é que tras coñecer o interese dcmista na súa contratación, o xogador solicitou a carta de liberdade ó seu ex-equipo, quen lle pedíu que permanecese no plantel boucense ó estar moi satisfeitos co seu rendemento, pero Santos xa tiña a decisión tomada e forzou a súa salida cara a máxima categoría de Vigo en Xogo.
Esta predisposición do xogador de recalar nas filas do DCM aseguran tamén o seu compromiso co proxecto.


Por se isto fose pouco, ademáis de calidade e compromiso asegurados, Santos asegura un nivel de forma envexábel, e é que vén de iniciar a pretempada co rápido de bouzas, desputando o primeiro partido amigábel como titular http://www.rapidodebouzas.com/primera-regional/mate-y-gustavo-%c2%a1me-gusta-este-b-de-aqui-sacamos-chavales-seguro/, encontro que deixou as seguintes declaracións, que ratifican a calidade do xogador, procedentes dun home de fútbol como é Maté "de aquí sacamos chavales seguro".
Ademáis, a súa adaptación ó fútbol sala, de seguro que será rápida, xa que o xogador xa desputou torneos como a nosa benquerida Copa Loiola e xogaba tamén en equipos universitarios, e tan só ten por diante o reto de adaptarse á dinámica dcmista


Polo tanto fichaxe estrela deste novo DCM, que chega para transmitir ilusión e reforzar a un plantel que ten un duro obxectivo por diante, a permanencia na elite do futbol sala afeccionado vigués.

Historia - Palmarés




 
 



Palmarés: 
 - Temporada 2006/07 (3ª División):
  • Campión da Deportividad de 3ª Grupo "C"
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala
- Temporada 2007/08 (3ª División): Sen títulos
- Temporada 2008/09 (3ª División):
  • Campión de 3ª Grupo "C"
  • Equipo Menos Goleado de 3ª Grupo "C" (honra compartida co Acerón)
- Temporada 2009/10 (2ª División):
  • Campión da deportividade de 2ª Grupo "B"
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala
- Temporada 2010/11 (2ª División):
  • Subcampión de 2ª Grupo "B"
  • Equipo Máis Goleador de 2ª Grupo "B"
  • Campión da Deportividade de 2ª Grupo "B"
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala 
- Temporada 2011/12 (1ª División): 
  • Campión da deportividade de 1ª División
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala 
- Temporada 2012/13 (1ª División): 
  • Campión da deportividade de 1ª División
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala
 Historia
O Deportes Carlos Miguel fundouse no verán de 2005, froito da fusión do CUVJ (herdeiro do Frenagol) e o Paghatinaikos, ambos equipos que xogaban na Liga Loiola que se disputaba no Colexio Apóstol Santiago.
En Setembro o club acadaba unha das poucas e codiciadas prazas que había libres na competición recreativa non federada máis imporante da cidade, é dicir, Vigo en Xogo. O Deportes Carlos Miguel (en adiante DCM) militaría na súa primeira campaña na terceira división grupo "C".
Primeira Temporada (2006/2007): O plantel inicial dese ano estaba composto por: Jorge (gardamallas anteriormente do CUVJ), Pali (Xogador que estivo no Frenagol e no Paghatinaikos), Vare (Xogador do CUVJ), Xmon (Xogador do CUVJ), Chap (Xogador do CUVJ), Pani (Xogador do CUVJ), Emi (Xogador do Paghatinaikos), Quique (Xogador do Paghatinaikos) e Kokinho (Xogador do CUVJ).
Esta primeira temporada na competición foi mellor do agardado para os nosos, xa que fixeron unha primeira volta moi meritoria baixando moito o nivel na segunda, pero na que non tivo apretos por salvar a categoría debido ás rendas obtidas nos primeiros partidos da competición regular. Ademais ese ano o club acadaría os seus dous primeiros títulos, que eran o de campión da deportividade do seu grupo e o de campión de campións da deportividade de fútbol sala.
Segunda Temporada (2007/2008): No verán previo a esta temporada produciuse a primeira e única baixa até o momento do equipo. Kokinho deixaría o plantel para fundar un novo proxecto que se chamaría Balance F.S. O DCM decidiu entón mover ficha e facerse cos servizos dun vello coñecido que retornaba a Cidade Olívica tralo seu paso por Barcelona. Ese xogador non era outro que Yago, que xa tiña xogado no Frenagol. Polo tanto o plantel, outra vez composto por 9 xogadores, sería o seguinte: Jorge, Pali, Vare, Chap, Xmon, Emi, Pani, Quique e Yago.
Nesta temporada o equipo aumentou o seu rendemento respecto a temporada anterior, manténdose no primeiro tramo da temporada entre os equipos punteiros do grupo, e situándose en moitas xornadas en postos de ascenso. Porén unha segunda volta moi irregular fixo que os nosos quedaran na sexta posición, sen opcións a optar ó ascenso.
Terceira Temporada (2008/2009): Neste ano o equipo concienciouse de que o ascenso tiña que ser o obxectivo polo cal loitar tras dous anos de adaptación a categoría. O Plantel era o mesmo que o do ano anterior, e dicir, Jorge, Pali, Vare, Chap, Xmon, Emi, Pani, Quique e Yago.
Nesta temporada o DCM comezou moi forte o campionato, pero non sería até o final da primeira volta cando se enfrontou contra o Bar Kubi (de aquela, Grupo Donno) cando acadaría o liderado. Esta foi unha temporada pragada de dificultades, xa que no mencionado partido o equipo tan só contaba con 5 compoñentes en bo estado, e así aconteceu en máis partidos. Ademais o partido viña de ser aprazado por un temporal que houbo unha semana antes e que fixo que non se puidera disputar o partido nin na Mina, nin no pavillón do frontón. Ademais esta temporada tamén será recordada por ser na que o DCM viuse obrigado a repetir un tramo de partido, foi contra o Vanesma na primeira volta. O Vanesma marcou un penalti pero o árbitro do partido decidiu anulalo e darlle o balón ó gardamallas do DCM xa que os rivais se tiñan adiantado no lanzamento para optar ó rexeite. Porén o Comité decidiu anular esa acción xa que o regramento indica que teñen que volver a repetir o penalti. Finalmente marcaron o penalti na repetición do partido, e o resultado final foi de 2-2.
Finalmente, e unha vez que alcanzou o equipo o liderado xa non o soltaría en toda a segunda volta, acadando o ascenso e o campionato de liga a dúas xornadas para o final, cando lle gañou ó Lounge Bar, por un avultado resultado. Ademáis de facerse co título de campión da 3ªC, tamén conseguiu proclamarse como o equipo menos goleado da categoría, conxuntamente co Acerón.
A vitoria no campionato ligueiro permitiulle ó DCM clasificarse para o torneo de campión de campións, onde caería derrotado na primeira rolda fronte ó Parquets Eloy.
Cuarta Temporada (2009/10): Este sería o ano do debut en segunda división (o equipo quedaría encadrado no grupo "B"), tras tres temporadas competindo en terceira división, o rendemento do equipo nesta nova categoría era toda unha incógnita. Para este proxecto o DCM decidiu manter o plantel dos dous anos anteriores, é dicir, Jorge, Pali, Vare, Chap, Xmon, Pani, Emi, Quique e Yago.
O Equipo comezou a ligar perdendo o seu primeiro partido, porén pronto remontaría posicións e faría unha meritoria campaña para ser a súa primeira temporada na segunda división. Na primeira volta mantívose entre os mellores da categoría roldando sempre a quinta praza. Porén na segunda volta baixouse un pouquiño o listón e o equipo tivo que conformarse coa sétima praza, é dicir metade da táboa, unha posición máis que digna para ser a primeira temporada na categoría.
Ademais volveu gañar o trofeo á deportividade, esta vez de 2ª división grupo "B", e o trofeo de campión de campións da deportividade de fútbol sala, o segundo que viaxaría cara as vitrinas DCM'istas.
A Clasificación definitiva deste ano a poden consultar premendo AQUÍ
Quinta Temporada (2010/11): Neste segundo ano na categoría de prata, o equipo estaría formado polos mesmos xogadores que nas 3 campañas anteriores, é dicir: Jorge, Pali, Vare, Xmon, Chap, Emi, Pani, Quique e Yago.
Na primeira volta de esta temporada o rendemento do equipo non foi de todo regular sobretodo no primeiro tramo da temporada onde o equipo non era quen de superar a zona media da táboa. Ó Final desta primeira volta conseguiuse arranxar un pouco os números obtendo 10 victorias e 4 derrotas nas xornadas deste primeiro tramo do campionato. O club finalizaba o torneo de inverno como cuarto clasificado a tan so un punto do ascenso e a 4 do Parquets Eloy que xa lideraba a competición nese tramo da temporada.
A segunda volta foi a mellor volta da historia do DCM, o equipo obtivo 11 victorias por tan so 1 derrota (xogáronse menos partidos que na segunda volta, por mor das expulsións), o que serviulle ó equipo DCM'ista para lograr a segunda posición do campionato, quedando a tan so 1 punto do campión ligueiro (o Parquets Eloy) e superando en 14 puntos o Wapichi United, 3º clasificado ó final de liga.
Esta gran temporada que finalizou con 21 victorias e 4 derrotas, redondeuse coa obtención por primeira vez na historia do club, do trofeo de máximos goleadores (144 goles a favor), do subcampionato do trofeo zamora (62 goles na contra), e coa obtención por segundo ano consecutivo e terceiro na súa historia do título de campións da deportividade do grupo, e o título de campión de campións (é dicir de tódolos equipos de fútbol sala de Vigo en Xogo) da deportividade.
Para consultar a clasificación e as diversas xornadas desta temporada preman AQUÍ
Sexta Temporada (2011/12): No ano do debut na máxima categoría do fútbol afeccionado vigués, o DCM principiou a tempada cun novo reforzo, Pablo Santos, procedente do Rápido de Bouzas e co visto bo do presidente do clube nesas datas, o Sr.Sotelo. Pablo chegaba como substituto de Pali, que deixaba o proxecto tras cinco anos no mesmo, sendo o segundo membro fundador en abandonar a disciplina Dcmista. O resto dos xogadores (Jorge, Vare, Xmon, Chap, Emi, Pani, Quique e Yago) continuaban no plantel.
Na primeira volta de esta tempada o equipo tivo que lidiar con moitos contratempos. O xa previsto de que Yago desputase moi poucos partidos por ter que estudar na cidade condal, uníuselle unha brecha no mentón de Jorge nun encontro ante Talleres Cahersa que o alonxaba varias xornadas dos terreos de xogo. Tamén Emi resultou mancado e posteriormente causaría baixa por unha viaxe de estudos ás illas británicas. Por fortuna, o equipo foi quen de ir pouco a pouco adaptándose á categoría e comezar a sacar resultados positivos. Aínda así, a primeira volta remataría co DCM ó borde do precipicio a 2ª división.
A segunda volta principiou coa mellor xeira de resultados do equipo (4 vitorias e 1 empate en 5 partidos), que os achegaba moito ó obxectivo da permanencia. Pero cando mellor ían as cousas, un novo contratempo, desta vez a marcha de Quique cara Austria por motivos laborais. Por fortuna, o clube reaccionou con celeridade e pechou a contratación de David Santos, quen adaptouse rápidamente ó equipo e consolidouse na parcela defensiva do mesmo. Por primeira vez na historia, o DCM alcanzaba os 10 membros teóricos, aínda que menos na práctica pola marcha de Yago e de Quique, o plantel era máis reducido.
A permanencia matemática selábase con catro xornadas de marxe para a conclusión.
Esta gran temporada que finalizou co equipo na 10ª posición da táboa, e redondeuse coa obtención por terceiro ano consecutivo do título de campións da deportividade do grupo, e o título de campión de campións (é dicir de tódolos equipos de fútbol sala de Vigo en Xogo) da deportividade ó ter recibido tan só 4 cartóns amarelos.
Para consultar a clasificación e as diversas xornadas desta temporada preman AQUÍ

viernes, 5 de agosto de 2011

8 Xogadores Confirman a súa Continuidade un Ano Máis.

Onte era o día indicado para saber a dispoñibilidade dos xogadores do DCM a seguir un ano máis como membros deste club. Trala marcha de Pali, era necesario deixar ben en claro quen seguiría no equipo para abordar a posibilidade de realizar algunhas fichaxes. Ademais na reunión tratáronse diversos temas encamiñados a mellorar algúns aspectos de cara a vindeira temporada.

Finalmente, o club confirmou que 8 xogadores continuarán na disciplina DCM'ista. Estes son Jorge, Vare, Pani, Emi e Quique, estes en principio con total dispoñibilidade salvo que xurdan cousas durante a temporada, Xmon, tamén cunha alta disponibilidade (maior en principio que a do ano pasado) xa que vense a vivir a cidade olívica, Chapela (que asistirá ós partidos ós que as súas costas lle permitan) e Yago quen acudirá a unha media de un partido por mes, debido ó seu traslado a Catalunya por mor dos seus estudos.

Con esta situación era a hora de abordar a posibilidade de facer unha ou dúas fichaxes. Finalmente optouse por, en principio, tan solo facer fronte a unha, necesaria para cubrir a baixa de Pali. Para cubrir as ausencias de Yago o club cre que en principio será suficiente cunha maior presenza de Chap e Xmon nos partidos, que parece que este ano será máis posible que durante o ano anterior. Porén o club xa ten estudiada a posibilidade de que unha fichaxe non sexa suficiente e polo tanto ten xa posibles candidatos para facer unha segunda fichaxe ben no mercado de verano ou ben no de inverno.

En canto a nova cara do DCM, o club nas mans do seu novo presidente, o señor Quique, está a facer as oportunas xestións para poder pechala canto antes e que poida acoplarse as ideas de xogo do equipo e ós seus compañeiros.

martes, 2 de agosto de 2011

Pali Abandona a Disciplina DCM'ista

Como se tiña previsto esta semana vai ser clave á hora de abordar a continuidade do plantel dos xogadores do DCM.

Pois ben, as primeiras noticias traen consigo a baixa dun dos fundadores do equipo, Pali, non xogará a vindeira temporada no Deportes Carlos Miguel. Dende o club lle agradecemos o seu compromiso nestas 5 temporadas, onde pasou por ser un dos 4 baluartes defensivos do DCM, que levaron ó club a ser o equipo menos goleado fai dúas temporadas en 3ª división "C". Tras si, deixa o seguinte palmarés:

- Temporada 2006/07, 2009/10 e 2010/11 : 3 campionatos da deportividade tanto global de fútbol sala como a respectiva de cada grupo.

- Temporada 2008/09: 1 Campionato de liga (3ªC)

- Temporada 2008/09: Equipo menos goleado (3ªC)

- Temporada 2010/11: Equipo máximo goleador (2ªB)

- Temporada 2010/11: Subcampionato de liga (2ªB)

- 2 ascensos (de 3ªC a 2ªB e de 2ªB a 1ª)

Dende o club lle desexamos a mellor das sortes nas súas novas andainas deportivas.