A regularidade do P.Eloy durante toda a liga impúxose finalmente á incrible 2ªvolta do DCM e permitíu ós amarelos proclamarse campións de liga na derradeira xornada do campionato.
O DCM foi virtual campión durante case dúas horas tras vencer con solvencia ó NK, pero o Eloy superou sen dificultades a un inofensivo Caf.Zeus e acabou co soño Dcmista de volver desputar o torneo de campións.
Con estes resultados, ambos conxuntos repártense os títulos da categoría.
O campionato e o trofeo ó equipo menos goleados para o Parquets,
e o trofeo ós máis goleadores e a deportividade de 2ªB serán para os Dcmistas.
Agora os nósos agardan ser tamén campións de campións da deportividade para pechar un ano de ensono.
Cumpriron os nosos o seu cometido na última xornada. Venceron, convenceron, mantiveron a portería a cero e tiveron tempo de descorchar o champán no vestiario para celebrar o ascenso á máxima categoría de VigoEnXogo.
Agardaron despois esperanzados con que un tropezo do Eloy lles permitise acudir ó torneo de campións, pero o Parquets amosou o seu poderío e non deu opcións á sorpresa.
Tocou entón felicitar ós campións pola súa gran tempada e comezar a saborear o acadado que foi moito. Un ascenso que a principio de tempada víase moi complicado, un trofeo ó equipo máis goleador que para nada agardábase (ó non ser unha característica habitual do equipo) e o difícil trofeo á deportividade ó que o clube sempre aspira.
É momento de desfrutar do conseguido e de acudir por cuarto ano á gala final que organiza a Agrupación Deportiva.
Tocará despois centrarse na organización da vindeira tempada.
Grazas a todos polo voso seguimento das crónicas neste blog. Reciban un cordial saúdo. Felicidades a todos os equipos e especialmente a nós rapaces, que este ano merecemos felicitarnos :), ¡¡A 1ª oé!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario