martes, 21 de junio de 2011

sábado, 11 de junio de 2011

CLASIFICACIÓN FINAL "VAI-Á-PORRA 2010-2011"


A última xornada tan só deixounos o troco clasificatorio polo bronce; Quique arriscou de máis en algúns momentos da competición (tendo a honra de ser o que máis puntos sumou nunha soa xornada) pero dese risco aproveitouse DCM#5 para arrebatarlle o seu sitio no podio nesta última xornada.


Migui é xusto vencedor desta edición de Vai-Á-Porra. Noraboa!!


Orly tamén pelexou sempre cos de arriba e firmou un fantástico segundo posto, felicidades!!


Karr e DCM#10 loitaron durante moitas xornadas pero non estiveron suficientemente atinados para rematar máis arriba. A intentalo para o ano!


E ó resto moitas grazas por participar.


Agardámosvos a tempada que vén!

lunes, 6 de junio de 2011

"O P.Eloy campión e menos goleado; O DCM máximo goleador e campión da deportividade" DCM 8-0 NK



A regularidade do P.Eloy durante toda a liga impúxose finalmente á incrible 2ªvolta do DCM e permitíu ós amarelos proclamarse campións de liga na derradeira xornada do campionato.

O DCM foi virtual campión durante case dúas horas tras vencer con solvencia ó NK, pero o Eloy superou sen dificultades a un inofensivo Caf.Zeus e acabou co soño Dcmista de volver desputar o torneo de campións.

Con estes resultados, ambos conxuntos repártense os títulos da categoría.
O campionato e o trofeo ó equipo menos goleados para o Parquets,
e o trofeo ós máis goleadores e a deportividade de 2ªB serán para os Dcmistas.

Agora os nósos agardan ser tamén campións de campións da deportividade para pechar un ano de ensono.



Cumpriron os nosos o seu cometido na última xornada. Venceron, convenceron, mantiveron a portería a cero e tiveron tempo de descorchar o champán no vestiario para celebrar o ascenso á máxima categoría de VigoEnXogo.
Agardaron despois esperanzados con que un tropezo do Eloy lles permitise acudir ó torneo de campións, pero o Parquets amosou o seu poderío e non deu opcións á sorpresa.

Tocou entón felicitar ós campións pola súa gran tempada e comezar a saborear o acadado que foi moito. Un ascenso que a principio de tempada víase moi complicado, un trofeo ó equipo máis goleador que para nada agardábase (ó non ser unha característica habitual do equipo) e o difícil trofeo á deportividade ó que o clube sempre aspira.

É momento de desfrutar do conseguido e de acudir por cuarto ano á gala final que organiza a Agrupación Deportiva.

Tocará despois centrarse na organización da vindeira tempada.

Grazas a todos polo voso seguimento das crónicas neste blog. Reciban un cordial saúdo. Felicidades a todos os equipos e especialmente a nós rapaces, que este ano merecemos felicitarnos :), ¡¡A 1ª oé!!

viernes, 3 de junio de 2011

"Moledo decidirá o campeón" DCM-NK



Tras unha longa tempada, a derradeira xornada xa está aquí. Pasaron máis de sete meses, e neles, o DCM conseguíu un soño presente nas cabezas dos seus xogadores dende o día da fundación do equipo; O DCM disporá dunha praza en 1ª división da VigoEnXogo.

Pero a pesares diso, o equipo non se conforma, e quere acabar a tempada ó grande. Levan 15 victorias nos últimos 16 encontros e iso fai pensar que os nósos son merecedores de acabar non só co ascenso senón tamén co título.
Pero hai outro equipo que o merece tamén, o ParquetsEloy, xa que ocupou a primeira praza da clasificación moitas máis xornadas que os nósos, e soubo aguantar o tirón dcmista e chegar a esta última xornada cun punto máis que os vermellos.

Ademáis do título, tamén estará en xogo entre as 9 e as 12 da mañá no pavillón de moledo, o torneo de máximos goleadores e de menos goleados de 2ªB.
No primeiro, o DCM parte con moita ventaxa, e no segundo é o Parquets ó que o ten case feito (ó levar 5 goles menos encaixados).

O DCM xogará primeiro, ás 9 da mañá, e está obrigado a gañar para pasarlle a presión ó Parquets. O equipo non pode errar ante un NK que non se xoga nada, pero quizáis a presión poida pasarlle factura ós nósos e complicarlles o partido.
Tamén tentarán os nósos rematar coa portería a cero, para albergar un mínimo de esperanzas no trofeo zamora.

E se o equipo vence, os xogadores permanecerán no pavillón, á espera do Zeus-P.Eloy. Un partidazo en todo regla, xa que sempre é un encontro tenso entre ambos equipos, e ademáis esta vez hai moito en xogo. O Eloy xógase o título e o Caf.Zeus un terceiro posto na clasificación que podería significar o ascenso a 1ª división en caso de que algún equipo da máxima categoría non continúe a vindeira campaña.
Os corazóns dcmistas nunca pensaron ter que apoiar ó Caf.Zeus, pero o fútbol ten estas cousas, e de seguro que o domingo todo o Eloy síntese do NK e todos os dcmistas empurran ó Caf.Zeus.

Os nósos manteñen as esperanzas, é o último que se perde, pero o certo e que os números non son moi optimistas. O Caf.Zeus non sumou bos resultados nos últimos encontros, e as súas numerosas baixas ó longo da tempada mermaron a un equipo con maior potencial ó principio do campionato. E pola contra o Parquets chega radiante e con moitas gañas de pór a guinda a un gran tempada.

Así que xa saben, xornada dominical de fútbol no pavillón de moledo. Moita emoción e moito por desputar.
Todos agardamos que ése non sexa o último encontro dcmista desta tempada e poidamos voltar cunha nova previa do torneo de campións...

Reciban un cordial saúdo!!

Aliñación probable:
----Jorge----
-Vare-Quique-
----Pani------
-----Emi-----

miércoles, 1 de junio de 2011



DERRADEIRA XORNADA DE VAI-Á-PORRA!! O PODIO POR DECIDIR!!
Estes son os tres partidazos seleccionados:

Deportes Carlos Miguel Vs. NK
Caf.Zeus Vs. P.Eloy
Acerón Vs. Wapichi





Recordamos que:

- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.

- A puntuación é a seguinte

+1 punto por acertar o gañador do partido

+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos

+5 puntos por acertar o resultado completo



E a clasificación actualizada: