Este verán ven cargado de novidades no que ó mercado de fichaxes
maticista se refire. Ata o momento o equipo conta cunha baixa e cun
alta, moitos máis movementos dos habituais na parroquia maticista.
Comezando pola baixa, este ano nos deixa Xmon, que tras 10 anos de
servicio ó MatizVigo en Vigo en Xogo, e máis anos nos equipos previos
existentes na Liga Loiola, decide colgar as botas debido ó estado dos
seus nocellos. Dende o MatizVigo tan só podemos
agradecer o seu compromiso durante todos estes anos onde aportou todo o
seu esforzo, xogando en numerosas ocasións con molestias polo ben do
equipo, e a súa personalidade alegre e vital.
Para suplir esta baixa o MatizVigo moveuse con sixilo polo mercado de
fichaxes, e conseguiu pechar o pase do 50% dos dereitos federativos de
Don Fernando Alves. Tras unha dura negociación coa súa representante
Dona Sara Costa, a directiva branquinegrivermella conseguiu pechar un
acordo, polo que Fer compaxinará a súa laboura de xogador do MatizVigo
FS en Vigo en Xogo, coa de xogador na Liga Metropolitana. Dende estas
liñas queremos dárlle a benvida e desexarlle os maiores éxitos, nesta
volta do MatizVigo FS á Primeira División.
Seguiremos informando das novidades que acontezan en torno á inscrición do equipo na liga, e é que tan só queda un mes para o comezo da competición. Imos que nos Imos! Imos MatizVigo!
Seguiremos informando das novidades que acontezan en torno á inscrición do equipo na liga, e é que tan só queda un mes para o comezo da competición. Imos que nos Imos! Imos MatizVigo!