Iniciouse o mes de setembro e con él botou a rodar o DCM 2013-2014.
Con ritmo lento polo de agora, pero a maquinaria do clube comeza a engrasarse e toma as primeiras decisións da tempada.
- Anunciouse ó plantel a contratación (xa pechada no mes de xuño) de Selu, xogador polivalente que chega para cubrir a marcha de Pablo Santos ó estranxeiro. Coa súa chegada o plantel queda pechado por parte do clube, mais mantense aberta unha lonxana opción de incorporar outro xogador se nestes días obsérvase a súa necesidade.
- Iniciáronse os contactos para pechar os primeiros amigábeis da pretempada dcmista. Realizar 1 por semana (nas 4 semanas que restan antes do inicio da tempada é o pretendido pola presidencia, mais polo momento non hai nada pechado). Soa o venres como día probable para o primeiro encontro, que serviría como presentación de Selu en sociedade.
- Agárdase ter nesta semana contacto directo coa organización de Vigo en Xogo para coñecer os requisitos para formalizar a inscrición do clube na liga. Tras esta reunión, procederase á recadación dos importes pertinentes de tódolos xogadores, coa intención de pechar todo na vindeira semana.
- Asimesmo, o clube tentará tamén nesta semana renovar unha tempada máis o seu patrocinio.
Iso é todo polo momento. Seguiremos informando.