Vitoria sufrida pero moi valiosa a acadada este fin de semana polo
MatizVigo ante un correúdo Vasf que lle puxo as cousas moi complicadas
ós nosos, sobre todo no desenvolvemento da segunda parte.
O partido comezaba con dominio absoluto do cadro maticista, quen era o
dono do partido ante un Vasf que parecía que aínda non estaba dentro do
campo, froito deste control o equipo maticista púxose con relativa
solvencia 3-0 no marcador. Con este resultado nada facía presaxiar o
sufrimento que viría nos seguintes minutos. Emulando ó acontecido na
primeira volta, o Vasf foi collendo o ritmo do partido e a posesión do
mesmo, froito disto nos últimos minutos da primeira parte chegaría o 3-1
nun potente remate dende fora do área que se colaría pola escadra
maticista. O Vasf acurtaba distancias nun momento clave da primeira
parte.
Na segunda o equipo visitante, sería o total e completo dominador do esférico, sendo o Matiz incapaz de calmar o partido e tecer longas xogadas. Como consecuencia deste dominio pronto chegaría o 3-2 nun disparo raso que Jorge rozou pero non foi quen de despexar e o 3-3 nun disparo desviado pola defensa maticista.. Porén este terceiro gol non lle sentou de todo ben ó VASF que despois de ter una contra, na que Jorge acabaría con parte do ollo morado, para facer o 3-4 viuse abaixo grazas a dúas accións rápidas e moi próximas no tempo, que propiciou que o Matiz se puxera 5-3 por diante. Nos últimos minutos o matiz non sufriría demasiado a pesar de que o VASF foi quen de recortar distancias. Os goleadores desta fin de semana foron Davo e Emi por partida dobre e Yago cun gol máis para a súa conta particular e xa van 30.
Con este resultado o equipo da Oliveira de Vigo faise con cuarto posto da táboa clasificatoria e prosegue coa súa remontada, despois de que fai varias xornadas tocase fondo na sétima posición. Agora atópase a tres puntos do terceiro clasificado a 4 do Melocotón FS, segundo, pero cun partido menos que eles. Precisamente o vindeiro rival maticista antes do parón será o Melocotón, partido moi importante para intentar asaltar os tres primeiros postos que dan dereito a xogar a vindeira temporada na máxima categoría.
Coma sempre queremos agradecer a impagable e valiosa presenza dos seareiros maticistas na gradaría. Sempre co seu alento motivan ós nosos e nos axudan acercarnos a vitoria. Neste caso dámoslle as grazas pola súa asistencia ás bancadas de Balaídos, a Lu, Sheila, Fani, Lúa, Ale, Pedro e Sote.

No hay comentarios:
Publicar un comentario